Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontón pide incrementar o mínimo exento do IRPF e subir o imposto de patrimonio

Pontón pide incrementar o mínimo exento do IRPF e subir o imposto de patrimonio

Tamén propón un novo tramo no imposto sobre a renda a partir dos 100.000 euros, que tributaría no tipo do 24,5 %

G24.gal 30/09/2022 16:25

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que o seu partido presentará unha iniciativa no Parlamento para incrementar un 10 % o mínimo exento do IRPF e subir o imposto de patrimonio para que o mínimo exento sexa de 300.000 euros, tras a rebaixa neste tributo anunciada pola Xunta que reclamará que se retire.

Tamén pedirá crear un novo tramo no imposto sobre a renda para que as de máis de 100.000 euros teñan que tributar no tipo do 24,5 %.

Critica as novas medidas fiscais da Xunta

Insistiu en reclamar que se retire o "pelotazo fiscal" para os ricos anunciado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao reducir até un 50 % o imposto de patrimonio - que pagan quen teñen bens por máis de 2 millóns de euros- algo que exporá a través dunha proposición non de lei.

"Os recortes matan e os impostos salvan vidas", afirmou a líder do BNG, quen criticou os "agasallos fiscais" da Xunta aos máis ricos, como os 34 millóns de euros que se calcula que deixarán de pagar 7.700 persoas en Galicia, que posúen bens por unha media de seis millóns, coa rebaixa do imposto de patrimonio.

"Con estes 34 millóns de euros que se van deixar de recadar poderíase "contratar 700 médicos, ou 900 profesores, dar 12.000 axudas para o alugueiro de vivenda ou recuperar a gratuidade dos libros de texto", asegura a líder nacionalista.

Pontón denunciou que a política fiscal da Xunta non é redistributiva, senón "inxusta" porque fai este tipo de "agasallos" aos que máis teñen, xa que "para os multimillonarios a rebaixa é de 4.415 euros, 88 veces máis" que a anunciada por Rueda no IRPF, que suporá que unha persoa cunha renda inferior aos 2.500 euros teña unha rebaixa fiscal de 50 euros ao ano, 4 euros ao mes, segundo a líder nacionalista.

Segundo asegurou con estes 34 millóns de euros que se van a deixar de recadar poderíase "contratar a 700 médicos, ou 900 profesores, dar 12.000 axudas para o alugueiro de vivenda ou recuperar a gratuidade dos libros de texto", así que "non é o chocolate do papagaio", senón diñeiro que se vai quitar aos galegos.

A líder do BNG considerou que isto é o que hai que facer por "xustiza fiscal" porque "as rebaixas dos impostos aos ricos de hoxe van ser a débeda pública e o déficit que pague mañá a maioría social".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade