Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontón di que apoiará un goberno progresista, pero avisa de que o BNG será moi esixente

Pontón di que apoiará un goberno progresista, pero avisa de que o BNG será moi esixente

A formación nacionalista di que fará valer o seu único escano porque é "decisivo"

A líder do BNG di nos actos do BNG polo Día da Patria Galega que o seu reto é ser a vindeira presidenta da Xunta

G24.gal 25/07/2023 15:46 Última actualización 25/07/2023 16:07

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, prognosticou que o escano que logrou a súa formación nas eleccións xerais do pasado domingo será "decisivo" na próxima lexislatura e avanzou que serán "moi esixentes" para reclamar "o que Galicia necesita".

Pontón atendeu os xornalistas nos actos do BNG polo Día da Patria Galega en Santiago de Compostela e afirmou que desde o seu partido van traballar "para que haxa un goberno alternativo que amplíe dereitos e liberdades pero que tamén cumpra con Galicia".

Non quixo abondar en se mantivo contactos con outros partidos porque a súa intención era centrar a súa intervención no Día de Galicia, pero afirmou que os nacionalistas contan cun "escano decisivo" e van ter " un papel importante na lexislatura".

"Imos ser moi esixentes á hora de reclamar o que Galicia necesita", apuntou a voceira nacional. E engadiu que "o 23 xullo quedou claro que houbo derrota do bloque da dereita".

Pontón afirmou que este martes os galegos festexan "o orgullo de ser un pobo, unha nación, unha forma diferente de entender" a súa forma de "estar no mundo".

"É un día para reivindicar que este é un partido con moitísimo futuro, con moitísima capacidade e para dicir alto e claro que desde o BNG confiamos en Galicia, na súa xente, no seu potencial", manifestou.

Apuntou tamén que "as portas" do partido "están abertas para seguir alargando a alternativa que pode construír un momento mellor para Galicia" e marcouse como obxectivo ser presidenta nas próximas eleccións autonómicas.

"Nos próximos meses uno dos retos vai ser que en Galicia se produza un cambio político. Atópome preparada e con máis ganas que nunca de afrontar este reto. Queremos facer historia para que este país teña por primeira vez unha presidenta", asegurou.

A portavoz nacional desexou ser protagonista dese cambio en Galicia que a faga "apoderada, con máis capacidade de decisión".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade