Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontón agarda que a Asemblea Nacional sirva para relanzar o proxecto do BNG

Pontón agarda que a Asemblea Nacional sirva para relanzar o proxecto do BNG

O BNG celebra este domingo o seu XVIII Asemblea Nacional baixo o lema 'Coa túa forza, Galicia gaña'

A voceira nacionalista aspira a seguir á fronte da formación para lograr o cambio en Galicia no 2028

A súa candidatura enfróntase a outras dúas lideradas por Noa Presas e Gustavo Barcia

Ana Pontón na presentación da súa candidatura o pasado 22 de novembro. EFE/Lavandeira Jr
G24.gal 30/11/2024 13:43 Última actualización 01/12/2024 09:22

 

O BNG celebra este domingo a súa XVIII Asemblea Nacional baixo o lema 'Coa túa forza, Galicia gaña' con Ana Pontón, Noa Presas e Gonzalo Barcia como candidatos a liderar a primeira forza da oposición en Galicia

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, agarda que a Asemblea do seu partido sirva para "relanzar o proxecto" e lograr o cambio político en Galicia nas eleccións autonómicas de 2028.

Nun acto celebrado este sábado en Santiago de Compostela dixo que o seu obxectivo é que o encontro sirva para "relanzar o proxecto do BNG" e en 2028 "conseguir que o cambio político se faga en Galicia".

O BNG, segundo dixo, "é sinónimo de esperanza de cambio", co voto "dunha de cada tres persoas" nas últimas autonómicas, polo que agora apela á "responsabilidade de estar á altura desa esperanza" cun partido "de portas abertas á sociedade".

Candidaturas alternativas

Respecto ás dúas candidaturas alternativas á súa, dixo que o partido é "unha formación democrática", o que supón "unha das grandes fortalezas" fronte a quen designa os seus líderes "a dedo".

"A militancia ten que decidir. Isto hai que velo desde a normalidade", concluíu tras varios anos á fronte do proxecto "cosendo unidades". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade