Pontón acusa a Xunta de exercer unha política de acoso e derribo contra o galego
A voceira nacional do BNG anima a participar na manifestación en defensa do idioma
Pontón asistiu á remuda na alcaldía de Vilar de Santos, Ourense
A voceira nacional do BNG fixo un chamamento a participar na protesta. Ana Pontón acusa á Xunta de exercer unha política de acoso e derribo contra o galego.
Ana Pontón fixo estas declaracións desde Vilar de Santos, en Ourense, que desde este sábado conta cun novo alcalde, tras a renuncia por motivos persoais, de Antonio Míguez, do BNG. O seu substituto é ata o de agora tenente de alcalde, Rubén Colmenero.
"Fago ese chamamento a participar nesa mobilización contra as políticas de acoso e derribo da Xunta que están convertendo a lingua galega nun idioma de segunda e temos que saír defendelo e mostrar que queremos vivir en galego".