Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área Pontevedra-O Salnés xa supera os 2.500 casos activos

A área Pontevedra-O Salnés xa supera os 2.500 casos activos

Detectados 164 novos contaxios nas últimas horas

Pontevedra é a cidade galega coa maior incidencia

Santa Cristina de Cobres, Vilaboa
G24.gal 21/12/2021 14:25

Con case 6.000 habitantes, Vilaboa ten hoxe 78 contaxios activos, máis da metade detectáronse na última semana.

 "Estamos sorprendidos sobre todo pola evolución deste mes, porque estamos incrementando de xeito exponencial o número de casos, afortunadamente non se nos remite ningún caso de gravidade, pero si que son os datos alarmantes sobre todo nun concello como o noso, un concello rural, disperso", comenta César Poza, alcalde de Vilaboa

Vilaboa ten a maior incidencia de toda a área. Pola súa condición de concello residencial, depende economicamente de Vigo e Pontevedra e moitos dos contaxios teñen aí a súa orixe. Tamén se deron casos no colexio de Río Maior.

 "En Río Maior está cheo", apunta unha rapaza.

"Na miña familia no naval en Freire contaxiouse moita xente, o meu fillo contaxiouse, contaxiou a miña nora, a miña neta, ou sexa, que un desastre", conta unha señora.

"A xente vai de compras, a xente vai a furanchos, a xente vai a reunións e a xente pasa de todo", lamenta unha veciña.

Con 164 novos positivos, a área sanitaria supera a barreira dos 2.500 casos activos e Pontevedra sitúase como a cidade galega coa incidencia máis alta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos