Cargando resultados...
Pontevedra asiste a un novo triunfo de Víctor Senra
Alberto Otero chegou a poñerse na primeira posición no cuarto treito, pero o campión galego non deu opcións na parte final do rally
G24.gal
02/06/2024 11:04
O Rally de Pontevedra rematou cun novo triunfo para o campión galego. Víctor Senra impúxose co seu Skoda Fabia nos catro treitos da tarde do sábado e gañou a proba, cunha vantaxe de 50 segundos sobre Alberto Otero, que rematou de segundo, e de 58 sobre Dani Berdomás, que pechou o podio na terceira praza.
Otero, que logrou o scratch no cuarto treito, puxo en dificultades ao campión galego pero sacou o mellor do seu repertorio para ir metendo segundos na parte final do rally e sumar un novo triunfo.