Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un dos buscados polas planadoras de Ribeira "é un dos máis importantes e afamados pilotos de lanchas"

Un dos buscados polas planadoras de Ribeira "é un dos máis importantes e afamados pilotos de lanchas"

Poñen en busca e captura catro supostos responsables das planadoras atopadas en Ribeira hai un ano

Outros tres investigados quedan libres tras pasar a disposición xudicial

A investigación relaciona no pasado aos supostos implicados coa organización de Sito Miñanco

G24.gal 05/04/2024 10:02 Última actualización 05/04/2024 16:47

O Xulgado de Instrución número 5 de Vigo ditou unha orde de busca e captura contra catro supostos responsables das narcolanchas atopadas en praias de Ribeira hai un ano. Entre os tres sospeitosos está un veciño da vila desa vila do Barbanza, estreito colaborador de Sito Miñanco, e que tamén está pendente de xuízo na Audiencia Nacional.

Non obstante, non sería o único que no pasado tivo relación co capo galego da droga. Entre eles está algún dos máis destacados lancheiros especializados no transporte de droga e un representante da organización colombiana provedora da cocaína. 

A orde xudicial contra eles chega despois de que pasaran a disposición xudicial outros tres arrestados nesta operación, que tras declarar foron postos en liberdade sen medidas cautelares, pero investigados por supostos delitos de intento de tráfico de drogas e de contrabando de embarcacións.

"Son actores importantes. Son peóns dunha grande estrutura, pero sen eles non chega nada nunca a funcionar", di Emilio Rodríguez Ramos, inspector xefe do GRECO Galicia, quen sinala que dous deles son "un é representante da organización galega que recibe en Galicia ao notario da organización colombiana. Estamos falando dos pilotos e dos encargados de dar acubillo e preparar as lanchas en distintos puntos dos portos galegos".

Relación con Sito Miñanco

"Varias desas persoas estiveron ligadas no pasado a Sito Miñanco", confirma o inspector Rodríguez Ramos. "Nós neste momento non podemos determinar esa relación na operación que nos ocupa, non temos datos obxectivos que permitan facer esa relación, pero varias delas estiveron na operación Mito con Sito Miñanco".

"Un deles, de Ribeira, é o representante directo da organización importadora, da organización galega, e o outro é o representante da organización exportadora, o que comunmente se chama notario da oficina colombiana en Galicia", explica o responsable dos GRECO.

"Volveu subir nunha lancha para facer este traballo"

"É un dos máis importantes e afamados pilotos de lanchas. Xa estivo relacionado coa organización do chamado Mulo, e polo que cumpriu unha importante pena. E posteriormente relacionóuselle coa organización de Sito Miñanco, na operación Mito en 2018", relata o responsable da investigación.

"Está en busca e captura desde ese momento e agora volveu subir nunha lancha para facer este traballo que é a súa especialidade", di o inspector Emilio Rodríguez Ramos.

"Que esta persoa estea tamén realizando transportes de cocaína a África ou no sur de España, dámolo como case seguro, pero non hai datos obxectivos que o confirmen".

O que si está confirmado é que estaba nas lanchas aparecidas en Ribeira ao "cen por cento", conclúe o responsable do GRECO Galicia.

Daquelas lanchas varadas en Ribeira "sacaron datos dos GPS ou das pegadas atopadas" que permitiron "identificar moitas das persoas que estaban relacionadas con elas".

Sobre os catro implicados sobre os que se activou unha orde internacional de busca e captura, esperan dea resultado pronto. "Totalmente, estámolo vendo, como persoas relacionadas con operacións en Galicia están sendo detidos en operacións en Sudamérica" di Rodríguez.

"É moi fácil que nas próximas semanas estas persoas caian en calquera control fronteirizo ou doutras características", afirma.

Conexión entre as planadoras e o narcosubmarino Poseidón

No marco deste dispositivo posto en marcha polo GRECO Galicia e Vixilancia Aduaneira, coa coordinación do xulgado vigués, hai unha decena de persoas investigadas supostamente vinculadas á aparición de dúas lanchas planadoras na costa de Ribeira, nas praias de Espiñeiredo e O Rial, en febreiro de 2023.

Na xornada deste martes producíronse actuacións policiais nas localidades de Noia, Vilanova de Arousa, A Estrada, Bertamiráns e un rexistro nunha propiedade de Portonovo.

Ademais das persoas arrestadas e as investigadas, as forzas policiais incautáronse de varios moldes para a construción de planadoras semirríxidas, así como dun camión listo para transportar as embarcacións e que estaba nunha leira privada de Vilanova de Arousa.

A investigación segue baixo segredo. Pretendía dar cos presuntos responsables do alixo do Poseidón, o narcosubmarino localizado na ría de Arousa en marzo do ano pasado. E tirando das pegadas encontradas nas embarcacións varadas en Ribeira sospéitase que puideron utilizalas para a descarga do alixo. 

Os investigadores están convencidos que a operación para a descarga nesas planadoras tivo que abortarse, tralo cal as deixaron abandonadas nos areais de Ribeira e que fixo que días máis tarde o narcosubmarino se entrase na ría de Arousa para facer o trasvase da cocaína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade