Cargando resultados...
Polonia derrota a Arabia na estrea de Lewandowski

G24.gal
26/11/2022 16:08
Polonia achégase á clasificación no Mundial de Qatar logo de derrotar por 2-0 a Arabia Saudita.
Zielinski, na primeira parte, e Lewandowski, no minuto 82, marcaron os goles do equipo polaco. Foi ademais a estrea do dianteiro do Barcelona nun Mundial.
Arabia tivo a mellor opción cun penalti que estragou no epílogo do primeiro tempo, cando o marcador indicaba 1-0