Sen acordo político para a contrución da nova residencia Amancio Ortega en Ourense
O venres podería volver debaterse no pleno, se o alcalde decide finalmente incluílo na orde do día
Veciños e comerciantes da Ponte avogan pola súa posta en marcha canto antes
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ofrece dúas alternativas para sacar adiante a residencia de maiores promovida por Amancio Ortega. Aplicar a vía de urxencia e aprobar o proxecto sen pasar polo pleno ou levalo a pleno por cuarta vez.
O PP chama tamén á responsabilidade da oposición. A nova residencia ofrecería 120 prazas e suporía a creación de 110 postos de traballo.
Grupo de goberno e oposición mantiveron unha xuntanza, este luns, para tentar desatascar o proxecto, pero non houbo acordo.
Socialistas e nacionalistas falan de dúbidas legais sobre o cambio de uso da parcela que antes albergaba a estación de autobuses.
Os colectivos veciñais piden que non se desaproveite a oportunidade de mellorar a zona.
A Fundación Amancio Ortega financiaría a construción desta nova residencia cun investimento de 12 millóns de euros.