Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos unha vintena de axentes rexistran un chalé de Teo e un negocio de coches en Padrón

Polo menos unha vintena de axentes rexistran un chalé de Teo e un negocio de coches en Padrón

O operativo da Garda Civil e a Axencia Tributaria está declarado secreto e continuará nos vindeiros días

Hai polo menos tres persoas detidas

G24.gal 09/02/2026 17:24 Última actualización 09/02/2026 20:41

Preto dunha vintena de axentes rexistran dende primeira hora deste luns un chalé en Vilar de Calo, no concello coruñés de Teo.

No operativo hai efectivos da Garda Civil e da Axencia Tributaria.

Polo menos tres persoas, que están detidas e que poderían ser os habitantes da vivenda, participan como testemuñas nos rexistros.

Os axentes incautáronse na vivenda do que parece ser documentación.

O rexistro está relacionado con outro que se está desenvolvendo tamén este luns nunha nun negocio de compra-venda de vehículos en Padrón.

A investigación continuará nos próximos días.

A operación está declarada secreta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar