Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dez persoas nun ataque ruso contra un edificio civil en Khárkov

Morren dez persoas nun ataque ruso contra un edificio civil en Khárkov

Entre os falecidos hai unha nena de trece anos e un neno de nove

Tamén hai dez persoas feridas, entre elas dous nenos de seis e once anos e unha rapaza de dezasete

Segundo Ucraína, Rusia lanzou 29 mísiles e uns 480 drons contra esta cidade

G24.gal 07/03/2026 20:14 Última actualización 07/03/2026 20:33

Polo menos dez persoas, entre elas dous menores, faleceron nun ataque balístico ruso contra un edificio residencial na cidade nororiental ucraína de Khárkov.

Así o confirmaba este sábado o presidente Volodímir Zelenski. Entre as vítimas mortais hai unha nena de trece anos e un neno de nove, mentres que baixo os cascallos podería haber aínda outras catorce persoas.

Tamén hai dez persoas feridas, entre elas dous nenos de seis e once anos e unha rapaza de dezasete. Os servizos de emerxencia seguen a traballar para sacar os entullos.

Segundo informou o presidente ucraíno, Rusia lanzou 29 mísiles e uns 480 drons contra Khárkov.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade