Polo menos 21 persoas mortas nos incendios de Grecia
79 persoas detidas en relación coa orixe dos incendios
Outro país europeo especialmente afectado polos incendios é Grecia, onde o lume matou polo menos 21 persoas esta semana e queimou máis de oitenta mil hectáreas no que vai de ano.
As chuvias e a baixada das temperaturas axudan na loita contra os incendios
A situación das tres frontes activas esta fin de semana mellora, grazas en gran medida á aparición de chuvias nalgúns puntos e á baixada das temperaturas.
A maior parte dos falecidos son inmigrantes escondidos nos montes
A maior parte das 21 vítimas mortais son inmigrantes irregulares, escondidos nos montes arrasados polo lume. Ata o momento foron detidas 79 persoas, acusadas de provocar moitos destes incendios. Os lumes deste verán en Grecia son os peores en Europa desde que existen rexistros.