Publicador de contidos

Publicador de contidos

Política Social esixelle ao Goberno que cumpra co financiamento da Lei de Dependencia

Política Social esixelle ao Goberno que cumpra co financiamento da Lei de Dependencia

Galicia denuncia que a achega estatal foi diminuíndo nos últimos anos, e que a débeda acumulada supera os 2.500 millóns de euros

G24.gal 20/05/2025 14:46

O Goberno comprometeuse co País Vasco a financinarlle nun 50 por cento a Lei de Dependencia, como establece a propia lei, pero négallelo a outras comunidades.

Unha delas é Galicia, onde a achega estatal descendeu nos últimos anos. A conselleira de Política Social, Fabiola García, acusa o Goberno de querer crear comunidades de primeira e de segunda, e di que tomarán medidas:

"Se no ano 2023 o Goberno nos financiaba o 40 por cento, no 2024 foi o 34, cunha débeda acumulada de máis de 2.500 millóns de euros. Os galegos non queremos ser máis, pero non imos aceptar nunca ser menos, e imos tomar todas as medidas que estean ao noso alcance para reverter esta inxustiza", comenta a titular de Política Social.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade