Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG pide acceder ás inspeccións en residencias e acusa a Xunta de coñecer a situación

O BNG pide acceder ás inspeccións en residencias e acusa a Xunta de coñecer a situación

O deputado Iago Tabares entende que “non se pode seguir xogando co benestar das persoas maiores” e pide o cesamento da conselleira de Política Social 

Imaxe de arquivo da vivenda comunitaria de maiores clausurada en Amoeiro Imaxe de arquivo da vivenda comunitaria de maiores clausurada en Amoeiro
G24.gal 17/10/2025 12:59

O deputado do BNG por Ourense Iago Tabarés avanzou este venres que o seu grupo pedirá acceder ás actas de inspección realizadas pola Xunta nas residencias de maiores durante os últimos cinco anos tras as irregularidades detectadas nos centros de Amoeiro e de Xinzo de Limia.

O nacionalista lembrou que estas residencias foron pechadas logo das irregularidades detectadas pola Inspección de Traballo e acusa á Xunta de coñecer a situación.

“Entendemos que iso é algo que merece ser explicado”, sinalou Tabarés. O deputado do Bloque afirma que solicitará á Xunta que dea conta dos “expedientes sancionadores” abertos nos últimos anos.

No BNG entenden que “non se pode seguir xogando co benestar das persoas maiores” e  reprochan  a actuación da conselleira de Política Social, Fabiola García. Tabares pide de novo o seu cesamento pola súa “ineficiencia” á hora de “velar polo benestar das persoas residentes nestes centros de maiores”.

O deputado afirma que a intervención de Rueda o mércores estivo marcada pola “ausencia de explicacións, unha ausencia de resposta, que entendemos é unha falta absoluta de respecto a este Parlamento”.

“Esa falta de resposta evidencia que a Xunta de Galicia coñecía e consentía o que sucedía nesta vivenda comunitaria de Amoeiro, o que incrementa a nosa preocupación sobre se estará a suceder noutras vivendas comunitarias ou noutras residencias do noso país”, asevera.

O deputado tachou de “cinismo” que os representantes da Xunta tenten responsabilizar da súa falta de control aos traballadores da Inspección de Servizos Sociais cando “son coñecedores” de que este departamento “carece de medios e instrumentos eficaces para poder” levar a cabo as súas funcións.

Pide melloras para este servizo cun incremento do cadro de persoal e a eliminación da precariedade e que se respecte “o dereito a unha vellez digna”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade