Publicador de contidos
Publicador de contidos

As inundacións do cámping da Guarda enfrontan o propietario co Concello

As inundacións do cámping da Guarda enfrontan o propietario co Concello

O propietario di que o Concello é responsable e que se trata de fecais, mentres que o Goberno local desmente iso

G24.gal 25/11/2022 14:03

Tres días despois do gran asolagamento do cámping da Guarda a auga aínda reborda por varios sumidoiros e arquetas no vial de acceso ás instalacións. No cámping tamén continúa a limpeza con auga clorada xa que segundo o seu propietario as canalizacións mesturan pluviais e fecais.

Segundo o propietario o asolagamento do cámping non é puntual, ocorre ata en verán. Ademais denuncia que nin o concello da Guarda nin a comunidade de montes de Salcidos lle fan moito caso. Está farto de facer limpezas e vai deixar as instalacións en febreiro.

Hai uns anos concello e a Xunta fixeron un pozo de decantación que valeu máis de 60.000 euros e segundo di Xosé Coello, rebentou aos poucos días.

Desde a administración municipal di que o cámping está preto dun río e dunha xunqueira e que é lóxico que se anegue pero desminten que as augas que entren nas instalacións sexan fecais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade