Cargando resultados...
Política Social anuncia a creación de 280 prazas de atención diurna
Confirmouno a conselleira Fabiola García durante unha xuntanza co Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade

G24.gal
03/11/2021 20:38
O Goberno galego rforzará o seu compromiso coa atención á discapacidade. Así o afirmou a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a xuntanza que mantivo co Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade e as súas familias.
Con este obxectivo, sinalou que se incrementarán nun 65% o importe que reciben as entidades sociais dentro das axudas con cargo ao cadro do IRPF. Anunciou tamén que antes de que remate o ano crearanse 280 novas prazas de atención diurna e residencial.