Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica despois de que o Concello de Pontevedra contratara un detective para investigar un traballador de baixa

Polémica despois de que o Concello de Pontevedra contratara un detective para investigar un traballador de baixa

Comisións Obreiras considera que este caso está relacionado co conflito do Concello con policías e bombeiros, que denuncian precariedade laboral

G24.gal 01/02/2023 16:04 Última actualización 01/02/2023 16:20

Polémica en Pontevedra despois de que o concello contratara un detective para investigar un traballador.

O home, que é bombeiro en Pontevedra e ten un grupo musical, anunciou un concerto mentres estaba de baixa. Isto fixo saltar as alarmas.  

Dende o Goberno local din que tiveron que actuar ante a sospeita de fraude.

Os informes médicos demostraron que o concerto era compatible coa baixa, pero segundo Comisións Obreiras o expediente continuou aberto máis de 10 meses.

Consideran que este caso está relacionado co conflito do concello con policías e bombeiros, que denuncian precariedade laboral.

Pola súa banda, o PP exíxelle ao Goberno local que aclare este asunto. 

Os populares solicitaron por rexistro o expediente de contratación do detective. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade