Cargando resultados...
Un accidente múltiple deixa dúas persoas feridas na Estrada
Os feridos foron atendidos no lugar por unha unidade móbil de Emerxencias da Estrada

G24.gal
30/04/2025 20:15
Tres vehículos víronse involucrados nunha colisión en Souto de Vea que deixou dúas persoas feridas leves.
A pesar do impacto, non foi necesaria a excarceración dos ocupantes. As persoas feridas foron atendidas no lugar por unha unidade móbil de Emerxencias da Estrada. Tamén acudiron á zona Guarda Civil de Tráfico.
O 112 Galicia xestionou unhas 30 incidencias por accidentes de tráfico, aínda que a maioría deles non tiveron que lamentar danos persoais.