Publicador de contidos

Publicador de contidos

Poesía e filosofía, nos premios Merlín e Jules Verne de Xerais

Poesía e filosofía, nos premios Merlín e Jules Verne de Xerais

Anxo Iglesias, Rocío Leira e María Solar son os premios Xerais 2022

Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias, achega a poesía ao lectorado infantil

Cicuta para dous, de Rocío Leira, proponnos un misterio filosófico

G24.gal 14/11/2022 12:29

María Solar, con A culpa; Anxo Iglesias, con Unha nova dimensión, e Rocío Leira, con Cicuta para dous son os premios Xerais de 2022, que esta fin de semana se entregaron no Museo do Mar.

No Diario cultural da Radio Galega conversaron con Anxo Iglesias, que nos presenta neste premio Merlin de literatura infantil un poemario para xogar coas palabras: "Celebro que o premio sexa para a poesía, moitas veces secundaria, pero que sempre está aí para acompañarnos e é a nova dimensión que permite que existan as demais".

Pola súa banda, Rocío Leira achéganos ao mundo da filosofía con dous protagonistas que tratarán de resolver un misterio que aparece nos anuncios por palabras dun xornal. O seu foi o libro gañador do premio Jules Verne de literatura xuvenil: "No libro búscase persoa valente para resolver un misterio, e eu busco que o lectorado valente se abra á filosofía dunha maneira divertida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos