Carlos Crespo trae as novidades musicais galegas destes días
'O lodo' de LAW
'Bailador', de Sheila Patricia Fesat. Berto
No seu novo sinxelo, Law explora os límites entre a vida e a morte a través dunha particular fusión entre a tradición musical de Galiza e a intensidade emocional da canción popular mexicana. Definida como unha "rancheira galega", a canción tende unha ponte entre dous universos culturais que comparten a importancia de honrar a memoria e manter vivo o vínculo cos que xa non están.
Sheila Patricia presenta un remix en clave bailable do seu tema de 'Epifanía', producido por Berto e acompañado dun videoclip dirixido por Xaime Miranda e rodado na Costa da Morte. A música de raíz galega atopa novos camiños na pista de baile. Sheila Patricia vén de publicar 'Bailador (Puro Rebumbio)', un explosivo remix dun dos cortes máis celebrados do seu último álbum, 'Epifanía', producido por Berto.