Podemos pide por carta a Díaz que apoie os candidatos morados nas municipais
A petición chega logo de que a líder de Sumar insinuase que vai votar por Mónica García, candidata de Más Madrid
O partido de Ione Belarra envioulle á vicepresidenta segunda un calendario de actos para que se implique na campaña. A petición chega logo de que a líder de Sumar insinuase que vai votar candidata de Más Madrid, Mónica García, en lugar de apoiar a cabeza de lista de Podemos, e en plena escalada de tensión entre os dous partidos polas críticas de Díaz á formación morada.
"As eleccións municipais e autonómicas son moi importantes para este espazo, todos temos que volcarnos nelas. Para nós sería moi importante que Yolanda Díaz participase dando o seu apoio ás candidaturas de Unidas Podemos. Trasladámosllo ao seu equipo e estamos agardando a súa resposta", dixo o deputado e secretario da Mesa do Congreso Javier Sánchez.