Podemos mantén a ameaza de tombar o decreto do Goberno para o embargo de armas a Israel
Junts, que anunciara que votaría a favor, considera agora que pode ser un erro
O embargo a Israel votarase este mércores para non coincidir co aniversario dos atentados de Hamas
Hamas reclama a “retirada completa” do exército israelí de Gaza para acadar un acordo
Podemos mantén a súa ameaza de tombar o decreto do Goberno para o embargo de armas a Israel, que se debateu na tarde deste martes no Congreso aínda que non se votará ata este mércores.
Os morados, que como mínimo terían que absterse para que a medida saia adiante, acusaron o Goberno de facer electoralismo co que consideran un "decreto fake" e esixíronlle que rompa todo tipo de relacións con Israel.
Tamén Junts sementou dúbidas sobre o sentido do seu voto. Malia que anunciaran que ía apoiar o decreto, os cataláns consideran agora que, cun proceso de paz aberto, o embargo pode ser un erro.
Así o manifestaba a deputada Marta Madrenas: "Aprobar o decreto agora, xusto cando hai unha posibilidade de paz, pode ser un signo de impaciencia política, pode ser un erro".
Ione Belarra, a secretaria xeral de Podemos, dixo desde o estrado: "Deixen de facer electoralismo barato cun tema tan grave como é un xenocidio. Fagan dunha vez por todas algo útil para pararlle os pés a ese Hitler do século XXI que é Netanyahu: rompan todas as relacións cos gobernos xenocidas".