Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez anuncia un novo Portal de Transparencia para unha mellor resposta á corrupción

Sánchez anuncia un novo Portal de Transparencia para unha mellor resposta á corrupción

Sánchez fixo o anuncio na intervención no Cumio Global da Alianza de Goberno Aberto

Dixo o presidente do Goberno que "aínda que non existe evidentemente a corrupción cero, si debe existir a tolerancia cero contra a corrupción"

Os altos cargos deberán publicar as súas viaxes e axendas institucionais

O presidente do Goberno durante a inauguración do cumio en Vitoria. EuropaPress. O presidente do Goberno durante a inauguración do cumio en Vitoria. EuropaPress.
G24.gal 07/10/2025 15:45 Última actualización 07/10/2025 16:13

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou hoxe en Vitoria a inminente posta en marcha dun novo Portal de Transparencia como unha ferramenta dirixida a responder á corrupción con "valentía, con ideas e propostas, e con decisión".

Sánchez interveu este martes na inauguración do Cumio Global da Alianza de Goberno Aberto que reúne en Vitoria a case 3.000 persoas para debater sobre democracia e transparencia e cuxa clausura presidirá Filipe IV o xoves 9 de outubro.

No seu discurso, o presidente lamentou que unha das principais razóns que explican o "retroceso na democracia" en países de todo o mundo é a "desafección cidadá cara ás institucións cando se producen casos de corrupción".

"E aínda que non existe evidentemente a corrupción cero, si debe existir a tolerancia cero contra a corrupción", reclamou.

Os altos cargos deberán publicar as súas viaxes e axendas institucionais

O Consello de Ministros aprobou este martes o anteproxecto da lei de Administración Pública, que inclúe varias medidas para avanzar nas esixencias de transparencia nas administracións, como a obrigación de publicar as axendas institucionais e as viaxes de todos os altos cargos públicos.

Tamén inclúe a regulación, por vez primeira, dun réxime de infraccións coa posibilidade de impoñer sancións aos cargos que incumpran as disposicións legais en materia de transparencia.

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, presentou esta reforma que o Goberno aprobou como unha resposta obrigada á "desafección" cara á política, a desinformación, o "negacionismo histórico" e os "discursos antidemocráticos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade