Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Constitucional estudará a decisión do TS de non amnistiar a Puigdemont por malversación

O Constitucional estudará a decisión do TS de non amnistiar a Puigdemont por malversación

O TC admitiu a trámite o recurso presentado polo expresident catalán co voto en contra dos maxistrados conservadores 

O expresidente da Generalitat e presidente de Junts, Carles Puigdemont (Foto de arquivo/Europa Press) O expresidente da Generalitat e presidente de Junts, Carles Puigdemont (Foto de arquivo/Europa Press)
G24.gal 07/10/2025 12:31

O Tribunal Constitucional (TC) admitiu a trámite o recurso de amparo presentado polo ex presidente catalán Carles Puigdemont contra a decisión do Tribunal Supremo (TS) de non amnistiarlle a malversación do procés.

Na sesión, tamén se admitiron a trámite os amparos solicitados polos exconselleiros Lluís Puig e Antoni Comín.

A corte de garantías deu este paso co voto en contra dos maxistrados conservadores Ricardo Enríquez, Enrique Arnaldo, Concepción Espejel e José María Macías.

Desta forma, o TC xa admitiu a trámite todos os amparos expostos ata o de agora contra a decisión do Supremo de non aplicar a lei de amnistía á malversación do procés, ao considerar que estes feitos encaixan en dúas excepcións contempladas pola propia norma para non aplicala: que haxa "un enriquecemento persoal ou beneficio patrimonial" e afectación aos intereses económicos e financeiros da UE.

O Constitucional xa admitiu os amparos formulados polo ex vicepresidente catalán e líder de ERC, Oriol Junqueras, e os ex conselleiros Raül Romeva, Dolors Bassa e Jordi Turull.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade