Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pode emanciparse a mocidade galega nun momento tan difícil?

Pode emanciparse a mocidade galega nun momento tan difícil?

G24.gal 26/07/2022 19:47

Hoxe en Santiago acompañamos a Sara a un dos seus dous traballos. Con 30 anos, nin así podería ir vivir ela soa a un apartamento. "Os 30 anos son moi raros. É difícil encontrar un traballo estable", di.

No centro da cidade quedamos cun grupo de estudantes recentemente graduados en Farmacia. Recoñecen que eles terán máis fácil poder deixar a casa dos seus pais, pero ao seu redor ven dificultades.

"Está a cousa complicada sobre todo para poder deixar o niño". Iso si, todos teñen o mesmo obxectivo: "Ter liberdade e non ter que dar explicacións".

E, mentres, os máis adultos empatizan, aínda que non todos. "Pois haberá que gastar menos, saír menos e buscar un traballo onde sexa".

A pesar de que os galegos son dos que teñen máis dificultades para abandonar a casa dos pais no ámbito europeo, tamén están nos primeiros postos en competencias dixitais e nivel educativo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar