Cargando resultados...
Pleno de triunfos do Racing, que superou ao Real Madrid Castela con claridade
Jon García e Álex López marcaron para o cadro departamental, que comeza a temporada con dúas vitorias
G24.gal
04/09/2022 21:28
O Racing de Cristóbal Parralo comezou a temporada dun xeito inmellorable. Dous partidos e dúas vitorias, a segunda na súa presentación na Malata e diante de todo un Real Madrid Castela (2-1).
Foi un partido que se puxo de cara para os ferroláns logo deste gol de Jon García á saída dun córner á media hora de xogo. Na segunda metade, minuto sesenta e dous, ía chegar o gol da tranquilidade. Marcaba Álex López.
Pero aínda terían emoción os minutos finais logo de que Aranda acurtara diferenzas no minuto noventa e dous. Aguantou o Racing nos últimos minutos e suma seis puntos en dúas xornadas.