Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pinturas especiais que se activan coa luz e conseguen un proceso similar ao da fotosíntese

Pinturas especiais que se activan coa luz e conseguen un proceso similar ao da fotosíntese

Plantando árbores con pinceis é un proxecto que se desenvolve en colexios de toda Galicia
 

G24.gal 19/04/2024 21:46 Última actualización 19/04/2024 22:40

A simple vista, estes escolares do colexio Labor de Vigo pintan un mural. Pero claramente estamos equivocados. Están plantando árbores con pinceis. E como fan? utilizando pinturas fotocatalíticas. Así o resume unha das alumnas participantes.
 

"Captan o dióxido de carbono e esparexen osíxeno. Entón fan como unha especie de fotosíntese".

As pinturas, que se activan coa luz, forman parte dun proxecto de Afundación que chegará este curso a máis de 150 centros escolares e a uns 15.000 alumnos e docentes de toda Galicia. Marta Gefaell, é a coordinadora deste proxecto de Afundación.

"Este é un innovador proxecto pola sostebilidade que une creatividade, cultura e coidado do medio ambiente".

Un proxecto que inclúe talleres artísticos que nos invitan a poñer en práctica, na nosa vida diaria, a regra das tres R. Reutilizar, reducir e reciclar. Pablo Castiñeira, é o xerente de Vella Escola.

"Levamos a pintura... facémola accesible a todos os públicos e con ese matiz tan importante de que é respectuosa co medio ambiente que non sempre é así".

Unha árbore absorbe arredor de 10 e 30 quilos de CO2 ao ano. Unhas 22 árbores suplen a demanda de osíxeno dunha persoa ao día. De aí a súa importancia para fomentar a súa conservación. Por iso esta xeración o ten tan claro, e así nolo amosan nestes murais, como debería ser o planeta onde queren vivir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade