A ópera Jenufa abrirá o xoves 17 unha nova edición da Temporada Lírica da Coruña
A música correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a batuta de José Miguel Pérez-Sierra
A ópera orixinal do checo Janechek sitúase nun ambiente rural de finais do século XIX. A versión que se estrea na Coruña trasládase á América profunda estadounidense de mediados do século XX.
"Sen futuro, sen aspiracións e onde a partir dun ecosistema tan daniño as persoas enferman", sinala Emiliano Suárez, director de escena.
Dúas mulleres, Jenufa e a súa madrasta, enfróntanse á presión social da comunidade. Os feitos desencadeanse cando Jenufa queda embarazada e é rexeitada polo pai da criatura.
"Jenufa nesta versión é unha muller empoderada, libre, moi forte e tamén se vai ver na escenografía elementos que fan referencia ao feminismo", explica Vanessa Gikoetxea que interpreta o rol de Jenufa.
Entre o elenco figuran tamén voces galegas e o Coro GAOS.
"O coro é unha representación do pobo formado por persoas moi diversas. Sobre o escenario levarán máscaras que están vencelladas á linguaxe cinematográfica de Stephen King que quería Emiliano (director de escena)", comenta a directora de vestiario Ana Garay.
A música correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a batuta de José Miguel Pérez-Sierra, director principal convidado este ano da Temporada Lírica da Coruña que dará comezo o xoves, día 17, precisamente con esta ópera.