Publicador de contidos

Publicador de contidos

Planas, a prol de recorrer o veto á pesca de fondo pero non de pedir a suspensión

Planas, a prol de recorrer o veto á pesca de fondo pero non de pedir a suspensión

Planas ve "grave" que os informes científicos no que se basea esta prohibición "non son os máis actuais"

Galicia e outras catro comunidades apoian o recurso ao veto á pesca de fondo

G24.gal 30/09/2022 14:40 Última actualización 30/09/2022 15:22

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas móstrase favorable a presentar recurso perante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea contra o veto á flota de fondo en 87 zonas, unha vez  que a Comisión rexeitou a petición de suspensión e revisión.

"Estamos traballando cos servizos xurídicos  do Estado", dixo esta maña o ministro nunha entrevista en Canal Sur Radio.

O que xa desbota o Goberno é pedirlle a Bruxelas que aprace a entrada en vigor do veto á pesca de fondo. O ministro, Luís Planas, dixo que cre que non é unha opción.

"Loxicamente neste caso hai que ver todas as posibilidades. A min non me interesa en absoluto pedir unha suspensión da que non estea convencido que nos a vaia dar; simplemente por pedila". 

O ministro Planas explicou que os informes científicos no que se basea esta prohibición "non son os máis actuais", feito que considera "grave"

Planas tamén se mostrou a favor de protexer as zonas de especial vulnerabilidade desde o punto de vista ambiental e tachou de "erro" esta decisión da Comisión e advertiu de que é "un mal exemplo" para o principio de confianza que debe reinar nas relacións entre institucións e as persoas.

"Os pescadores coidan o mar, saben que é o seu medio de vida, pero se alguén unilateralmente, con informes científicos, saca consecuencias excesivas, o Goberno e o sector non está disposto a aceptar", salientou.

Ante a petición da conselleira de Pesca de Andalucía, Carmen Crespo, de explorar a posibilidade dunha moratoria, o ministro instou a ver "todas as posibilidades" e a non crear divisións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar