Plan especial activo polo risco de desbordamento nos ríos Lérez e Oitavén
En menos de dous meses o Lérez pasou da prealerta por seca a risco de desbordamento
O venres descenden as termómetros e a cota de neve ata os 1.200 metros
A Xunta mantén activado un plan especial ante o risco de desbordamento nalgúns ríos galegos por mor do tren de borrascas que afecta a Galicia nos últimos días.
A alerta afecta concretamente os ríos Lérez e Oitavén na provincia de Pontevedra.
Os sistemas de observación sinalan un aumento do nivel dos caudais con risco de desbordamento en certos puntos do seu percorrido.
No 112 piden tamén precaución á cidadanía cando circule por vías ou pontes situadas nas contornas destes ríos. O caudal subiu moito, e así o perciben os veciños de Pontevedra.
En menos de dous meses, o río Lérez pasou da prealerta por seca a estar en risco de desbordamento.
O temporal segue azoutando tamén a costa con fortes refachos de vento. As temperaturas seguen suaves pola chuvia pero este venres unha masa de aire frío traerá un descenso dos termómetros. Os turistas non teñen máis remedio que mercar un paraugas e ao mal tempo... boa cara.
A cota de neve baixará mañá ata os 1.200 metros e incluso ata os mil metros conforme avanza a xornada, e tamén pode haber episodios de trebóns ou de pedrazo.