Publicador de contidos

Publicador de contidos

Plan anticrise da Xunta: 62 millóns para empresas, 45 para agro e mar e 23 para vulnerables

Plan anticrise da Xunta: 62 millóns para empresas, 45 para agro e mar e 23 para vulnerables

O Consello da Xunta aproba un programa para facer fronte aos efectos derivados da guerra en Oriente Medio ao que prevé destinar 157 millóns de euros

(EFE/Lavandeira jr) (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 30/03/2026 14:22 Última actualización 30/03/2026 15:02

O Consello da Xunta aprobou este luns un plan anticrise que ascende ata 157 millóns de euros fronte aos efectos da guerra en Oriente Medio.

En conferencia de prensa, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou que se busca "atender os sectores que están a experimentar hoxe por hoxe máis dificultades e as familias máis vulnerables".

Este plan inclúe 62 millóns relativos a préstamos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a empresas afectadas, 45 millóns con axudas específicas para o sector primario (agro e mar) e 23 millóns para reforzar as medidas sociais.

A isto a Xunta sinala que habería que sumar uns 120 millóns de euros que a administración galega deixará de ingresar en impostos polo plan aprobado polo Goberno central, polo que cifra o global da achega en 277 millóns.

Segundo o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, haberá 6,2 millóns de euros en apoios específicos para as familias, como compensacións no transporte público, moratorias e condonacións de alugueiros e a axilización dos pagamentos de axudas; e para as empresas unha tramitación acelerada cun prazo de "dez días" para dar resposta ás necesidades de liquidez. 

Corgos realizou diferentes peticións ao Goberno central neste contexto, que pasen por unha flexibilización da regra de gasto e da execución dos fondos do mecanismo de recuperación, así como un decreto lei de revisión excepcional de prezos para "evitar unha paralización de obras públicas", entre outras cuestións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade