Cargando resultados...
Pistacatro recibe o Premio Nacional de Circo
O seu espectáculo Clopen ergue un público entusiasmado das butacas, sucédense as boas críticas e xa están a preparar o seu vinte aniversario
Un éxito que se produce tras décadas de traballo, experimentación e compromiso
G24.gal
05/11/2025 19:30
A Compañía Pistacatro está a recoller os recoñecementos que o público xa lle estaba a brindar. Acaban de gañar o Premio Nacional de Circo, dotado con 30.000 euros.
O seu último éxito titulase Clopen, unha coprodución co Centro Drámatico Galego no que, preocupados pola toxicidade das redes, reflexiona sobre o machismo, o belicismo e a xenofobia, todo isto mesturado co circo e as matemáticas. Un rotundo éxito.