Primeiro festival contra a gordofobia en Vigo
Primeiro festival contra a gordofobia en Vigo
É o primeiro festival que se realiza en España contra a gordofobia
Un espazo onde participan importantes activistas a nivel nacional que pretenden construír unha comunidade libre da vergonza corporal e na que se celebre a diferenza
Celebrar as diferenzas, escoitar os testemuños de moitas mulleres e sobre todo respectar todos os corpos. Eses son os piares do primeiro festival contra a gordofobia que se celebra en Vigo.
Os prexuízos a nivel social e a desconfianza nun mesmo comenzan case sempre á hora de mercar roupa. E a esta discriminación súmanse outras moitas, que rematan en moitos casos en trastornos alimentarios. Sobre todo en nenas a idades moi temperás.
Importantes activistas dan voz a este festival pioneiro en España que se puido realizar grazas a unha campaña de micromecenado.
Un festival que se celebra en diferentes espazos da cidade coma este de EMAÚS. Talleres, charlas e concertos para visibilizar unha realidade cada vez menos agochada. Non pretenden idealizar a obesidade, simplemente visibilizar de que maneira forma parte da columna vertebal da sociedade.