Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Bodyshaming': burlas, insultos e ataques para avergoñar as persoas polo seu corpo

'Bodyshaming': burlas, insultos e ataques para avergoñar as persoas polo seu corpo

En España o exceso de peso afecta máis do 62 % dos homes e case a metade das mulleres. Unha realidade que desaparece nas pantallas, que continúan sen dar visibilidade á diversidade corporal.

Chus Purriños 18/11/2025 21:46

Con máis de 40 millóns de discos vendidos, a cantante, compositora e produtora musical luso-canadense Nelly Furtado dicía adeus aos escenarios tras recibir críticas nas redes polo cambio no seu aspecto físico en case 30 anos de carreira.

"É unha vergoña para toda a sociedade que unha persoa que triunfou polo seu talento, como é neste caso Nelly Furtado, que hai máis, teña que retirarse da vida pública porque a presión é absolutamente insoportable", asegura Saamira Ganay.

A actriz, directora e guionista galega Saamira Ganay sabe ben do que está a falar:

"Cando traballaba na serie 'Matalobos' a rede social que máis se usaba naquel momento era o Facebook e eu tiña mensaxes públicas, pero tamén privadas, insultándome. Chamándome camión ou tractor".

É o que se denomina bodyshaming, que sofren especialmente as mulleres.

"O corpo da muller está historicamente idealizado e o feito de non chegar a eses canons de beleza ou de ter un corpo absolutamente normal xa pode ser obxecto desa crítica, dese 'bodyshaming'", sinala Xacobe Abel Fernández, responsable da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

En España o exceso de peso afecta máis do 62 % dos homes e case a metade das mulleres. Unha realidade que desaparece nas pantallas, que continúan sen dar visibilidade á diversidade corporal.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos