Piqué queixouse a Rubiales do VAR antes de enfrontarse ao Madrid: "Era penalti clarísimo"
Protestou porque non lle sinalaban unha pena máxima no desconto dun partido previo ao clásico, segundo 'El Confdencial'

As conversas mantidas entre o presidente da RFEF, Luis Rubiales, e o central do Fútbol Club Barcelona Gerard Piqué inclúen queixas do xogador ao máximo mandatario do fútbol español sobre a arbitraxe que recibe o seu equipo.
Unha delas, á que tivo acceso 'El Confidencial', produciuse uns días antes de xogar o clásico contra o Real Madrid na tempada 2019-2020. Como responsable da Federación, Luís Rubiales é o xefe dos árbitros que pitan os partidos na liga española.
Foi Rubiales quen escribiu ao xogador culé tras o encontro en San Sebastián para coñecer o estado de ánimo do persoal barcelonista:
"Como estades?", preguntou. Piqué tardou uns segundos en contestar: "Fodidos, hoxe leárona"
O partido finalizou 2-2 e, para desgusto de Piqué, o colexiado si decretou un penalti na primeira parte en contra do Barcelona. Así llo trasladou a Luís Rubiales:
"Terían que avisar ao árbitro. Sobre todo se pitas o de Busi"
EXCLUSIVA | Piqué se quejó a Rubiales del VAR antes de enfrentarse al Madrid: "Era penalti clarísimo"#SupercopaFileshttps://t.co/fSHpWPrwrX
— El Confidencial (@elconfidencial) April 21, 2022