Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pillado "na allada" un veciño de Ares cando ía roubar nunha caseta de obra

Pillado "na allada" un veciño de Ares cando ía roubar nunha caseta de obra

Os berros dun veciño que pasaba polo lugar alertaron un garda civil de Fene fóra de servizo que detivo o ladrón

Detido por roubar nunha caseta de obras en Ares / Garda Civil Detido por roubar nunha caseta de obras en Ares / Garda Civil
G24.gal 22/04/2023 15:56

Axentes da Garda Civil de Fene, coa colaboración do posto de Mugardos detiveron un home veciño de Ares como suposto autor dun delito de roubo.

Outro veciño de Ares foi o que o sorprendeu cando accedía ao interior dunha caseta de obra tras romper unha fiestra.

O home berrou, e un garda civil de Fene fóra de servizo que estacionaba o seu coche nas proximidades escoitou e acudiu ao lugar. Nese momento o detido saía da caseta pola xanela.

O axente, tras identificarse, instouno a permanecer na zona e comunicou a incidencia á central de servizo.

Ata alí desprazáronse patrullas de Fene e Mugardos que detiveron a persoa como suposto autor dun delito de roubo. Tamén rexistraron o que levaba e requisáronlle os obxectos subtraídos no interior da caseta, que foron devoltos aos seus lexítimos propietarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade