Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden sancionar a empresa que leva a piscina de Nigrán por baixar a temperatura da auga

Piden sancionar a empresa que leva a piscina de Nigrán por baixar a temperatura da auga

Os usuarios quéixanse de que ten a auga a 25 graos e os nenos saen aterecidos das clases de natación 

G24.gal 07/12/2022 16:10

No Val Miñor, seguen as protestas veciñais pola temperatura da auga da piscina de Nigrán.

Levan dende maio con reclamacións, e este mércores leváronas ao pleno da mancomunidade.

Piden que non lle renoven á empresa concesionaria.

Quéixanse de que ten a auga a 25 graos, e que esa temperatura non chega para determinados perfís de usuario.

Din que os pequenos saen aterecidos das clases de natación.

Hoxe a mancomunidade acordou abrirlle expediente sancionador á empresa por incumprimento de contrato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar