Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden mellorar a seguridade viaria da recta de Vilariño, en Boiro

Piden mellorar a seguridade viaria da recta de Vilariño, en Boiro

O último accidente rexistrado na zona este sábado aviva as reclamacións que levan facendo hai anos os veciños 

Denuncian que moitos condutores non respectan os límites de velocidade e reclaman maior seguridade para os peóns 

G24.gal 17/05/2022 14:16

O accidente mortal rexistrado este sábado en Vilariño, Boiro, volve a avivar as reclamacións que desde hai anos fan os veciños da zona. Piden que se mellore a seguridade da estrada AC-305, e en concreto a recta onde se produciu o sinistro. Maiores controis de velocidade é unha das súas peticións. 

Unha recta en que os condutores se senten tentados a pisar o acelerador máis da conta. Esta é unha das queixas dos veciños de Vilariño, en Boiro: a velocidade pola que circulan moitos vehículos sen respectar os límites. Piden mellorar a seguridade en xeral da estrada comarcal AC-305, e en concreto na recta de Cespón.

Precisamente o último accidente rexistrado na zona, este mesmo sábado, no que faleceu unha veciña de Boiro, está a poñer á orde do día de novo as peticións que levan anos realizando. Solicitan levar a cabo máis controis de velocidade, colocar un radar fixo ou mellorar a sinalización da vía, entre outras.

Aínda que o tráfico nesta estrada perdeu forza coa apertura da AG-11, o certo é que segue a ser bastante transitada, non só por vehículos, senón tamén por peóns. Outro dos problemas, din, na recta de Vilariño é a falta de seguridade para eles. Na zona só dispoñen dun paso de peóns.

Piden acometer medidas que melloren a seguridade de todos, pois é unha zona con numerosas vivendas a ambos os lados e con moito tránsito rodado.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade