Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden lexislación máis estrita para garantir a seguridade nas praias urbanas

Piden lexislación máis estrita para garantir a seguridade nas praias urbanas

Familia e achegados do coruñés que morreu ao ser golpeado por unha lancha cando nadaba quéixanse do lento proceso xudicial

Este domingo convocan unha concentración en Sanxenxo ao facerse un mes do tráxico suceso

G24.gal 13/05/2022 14:22 Última actualización 13/05/2022 14:41

A dor pola tráxica perda de Juan Tábara non impide que familia e amigos do oftalmólogo coruñés falecido tras ser golpeado por unha embarcación se mobilicen para conseguir que a súa morte sexa a última que se produce por falta de seguridade nas praias.

Kike Vila, que nadaba con el o día do accidente, ten claro o que hai que mellorar: "Balizamento nas praias urbanas e de grande afluencia", explica, porque "asumimos como normal un risco que non deberiamos".

Neste sentido, desde o club de atletas de Acea de Ama, que preside Kike e ao que pertencía Juan Tábara, promoven unha recollida de sinaturas e están impulsando xuntanzas das agrupacións deportivas coa Administración para mellorar a lexislación actual. "A Xunta ten un plan de salvamento pero son todo recomendacións, queda en mans da boa fe das corporacións locais asumilas ou non".

A familia de Tábara reuniuse hoxe co delegado do Goberno en Galicia en busca de información. Información que tamén buscan na colaboración cidadá para que calquera testemuña poida dar luz e á espera dos resultados dun proceso xudicial que vai lento, porque aínda non tiveron acceso ao informe da autopsia nin ao da Garda Civil.

Este domingo, xusto cando fai un mes do tráxico suceso, convocan unha concentración na praia de Silgar, onde tivo lugar o suceso, en homenaxe a Juan Tábara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade