Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mónica Oltra rexeita a súa posible imputación e a oposición pide a súa dimisión

Mónica Oltra rexeita a súa posible imputación e a oposición pide a súa dimisión

Consideran que non lle queda outra vía polo caso de abusos sexuais do seu exmarido a unha menor tutelada

O maxistrado ve indicios delictivos de suposto encubrimento na investigación do caso

A vicepresidenta valenciana asegura que non pode haber sentenza condenatoria porque non hai nada ilegal  

G24.gal 01/04/2022 16:38

O xuíz eleva ao Tribunal Superior de Valencia a imputación de Mónica Oltra no caso dos abusos sexuais a unha menor polos que o seu exmarido foi condenado a cinco anos 

O maxistrado instrutor aprecia "indicios racionais e sólidos" de delito. Mantén que a vicepresidenta da Comunidade Valenciana participou na suposta tentativa de desacreditar a vítima dos abusos, que tiveron lugar nun centro de acollida no que o exmarido de Oltra era educador.

O caso chega ao Tribunal Superior de Xustiza de Valencia pola condición de aforada da vicepresidenta valenciana.

A Audiencia Provincial de Valencia ordenou a instancias da defensa da menor, a reapertura da investigación sobre a xestión que a Consellería de Igualdade e Políticas Inclusivas realizou do caso, ao considerar que houbo desprotección á vítima.

O auto di que os feitos denunciados podían ser constitutivos do presunto delito de abandono de menor desvalido por omisión dos deberes inherentes á garda e custodia que correspondían á Consellería que dirixía Oltra e que houbo unha "investigación paraxudicial" sobre a denuncia inicial da menor que "foi obxecto dunha persecución".

Piden a demisión inmediata

Os partidos da oposición solicitaron a dimisión inmediata da voceira do Consell. Para o PP, a Oltra non lle queda outro camiño. Se é imputada, din, ten que dimitir. Consideran que Oltra está inhabilitada para seguir á fronte das políticas sociais e de menores do Goberno valenciano.

Oltra: "Non hai razón para demitir"

A vicepesidenta valenciana negou rotundamente a súa presunta participación nunha iniciativa para desacreditar a menor vítima de abusos sexuais nun centro público e dixo que os feitos tamén negan que encubrise o seu exmarido polo que non ten razón ningunha para demitir.

Di que non pode haber sentenza condenatoria pola actuación da Consellería de Igualdade porque "non hai ilegalidade, non hay ilícito nin hai indecencia".

Oltra insistiu en que non hai nin un só indicio "do que non existe" e onde non hai delito e non hai indecencia, "non pode haber unha consecuencia xurídica".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade