Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pfizer crea unha pílula que asegura reducir case un 90 % o risco de morte por covid

Pfizer crea unha pílula que asegura reducir case un 90 % o risco de morte por covid

A farmacéutica explica que o medicamento foi creado para evitar que o virus faga copias de si mesmo e invada o infectado

Sede da multinacional farmacéutica Sede da multinacional farmacéutica
G24.gal 05/11/2021 13:11

farmacéutica Pfizer anunciou este venres que está a desenvolver unha pílula experimental para tratar o coronavirus que di que reduce o risco de hospitalización e morte en case un 90 % entre as persoas xa infectadas.

Son parte das conclusións que publica Pfizer cos resultados preliminares dos estudos que realizou con este fármaco sobre un total de 775 adultos.

O estudo concluíu que as persoas que tomaron o medicamento xunto con outro antiviral tiveron unha redución do 89 % na súa taxa combinada de hospitalización ou posterior morte, en comparación cos pacientes que tomaron un placebo.

Segundo explica a compañía, a pílula está creada para evitar que o virus faga copias de si mesmo e invada o infectado. Aínda que os detalles do estudo non foron publicados polo momento, serán enviados canto antes ás institucións reguladoras.

Annaliesa Anderson, directora científica da división de vacinas bacterianas e medicina hospitalaria de Pfizer, en declaracións a 'The Washington Post', dixo que a compañía busca unha "protección e tratamento" contra a covid-19 en todos os sentidos. "Temos a vacina para a protección e agora temos a oportunidade de recibir tratamento", precisou.

A farmacéutica, que non revelou o prezo, xa comezou a fabricar o medicamento e ten a intención de producir máis de 180.000 paquetes de pílulas para fins deste ano e unha fabricación de polo menos 21 millóns de paquetes na primeira metade de 2022, cunha produción total de 50 millóns de paquetes en 2022.

As autoridades sanitarias do Reino Unido anunciaron este xoves a aprobación do uso da primeira pastilla antiviral contra a covid-19, o molnupiravir, desenvolto polas farmacéuticas estadounidenses Merck e Ridgeback Biotherapeutic, e que poderá usarse en pacientes que deron positivo nun test e que presentan polo menos un factor de risco para desenvolver unha enfermidade grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade