Publicador de contidos

A EMA aproba o uso de emerxencia do primeiro antiviral contra a covid

A EMA aproba o uso de emerxencia do primeiro antiviral contra a covid

O Reino Unido xa autorizou o seu uso xeneralizado e Europa aínda o está analizando

O tratamento evita hospitalizacións e falecementos

É o primeiro medicamento oral contra o coronavirus

G24.gal 04/11/2021 19:51

A Axencia Europea do Medicamento chama a atención sobre o aumento dos contaxios por Covid no continente. Faino no mesmo día en que autoriza o uso de emerxencia do primeiro antiviral contra a enfermidade.

Chámase Molnupiravir e é o primeiro medicamento contra a Covid subministrado por vía oral, grazas a unha pílula. Este antiviral reduce a capacidade do coronavirus de reproducirse no corpo. Polo tanto, evita hospitalizacións ou falecementos.

A Axencia Europea do Medicamento aínda o segue a estudar. Pero permitirá o seu emprego de urxencia grazas aos bos resultados nos ensaios clínicos.

O seu uso queda en mans de cada estado ata a súa autorización definitiva pola EMA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade