Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pesar no mundo da cultura pola morte da poeta portuguesa Ana Luísa Amaral

Pesar no mundo da cultura pola morte da poeta portuguesa Ana Luísa Amaral

Galardoada co Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana vai ser homenaxeada na feira do libro do Porto

G24.gal 07/08/2022 17:40

A poeta lisboeta Ana Luísa Amaral, unha das voces máis destacadas do xénero na actualidade en Portugal, faleceu o venres aos 66 anos como consecuencia dunha prolongada enfermidade.

Amaral foi investigadora e profesora de literatura angloamericana da Facultade de Letras da Universidade de Porto Centro, pero xa estaba xubilada. Tamén se dedicou á tradución.

Viviu a maior parte da súa vida no norte de Portugal e publicou máis dunha vintena de libros de poesía, teatro, novela, literatura infantil e ensaio. Figura clave no movemento e nos estudos feministas, coautora do primeiro Dicionário de Crítica Feminista e a edición comentada do clásico contemporáneo Novas cartas portuguesas.

Escribiu obras poéticas traducidas a diversas linguas, entre elas o castelán, como Escuro, Ara, O olhar diagonal das coisas.

Premio Raíña Sofía

En maio de 2021 Patrimonio Nacional e a Universidade de Salamanca concedéronlle o XXX Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana. Recibiu moitos outros galardóns como o da Asociación de Escritores Portugueses de 2008, o Premio Giuseppe Acerbi de Italia e o Literario Casino da Póvoa, os dous en 2007 e o Premio Leteo en 2020.

En abril a Asociación de Escritoras e Escritores en Língua Galega (AELG) nomeouna escritora Galega Universal. A feira do libro do Porto a finais de mes homenaxeará a súa obra e figura.

En 2020 lanzou What´s in a Name, o mellor libro de poesía para os libreiros madrileños. Amaral traduciu a Shakespeare e Emily Dickinson, sobre a que realizou a súa tese de doutoramento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos