Quique, un rapaz de 14 anos cun sarcoma, inicia o Camiño para impulsar a loita contra o cancro infantil
Quique, un rapaz de 14 anos cun sarcoma, inicia o Camiño para impulsar a loita contra o cancro infantil
Quique, un rapaz de 14 anos cun sarcoma, inicia o Camiño para impulsar a loita contra o cancro infantil
Peregrinan para xuntar 100.000 euros para investigar contra o cancro infantil
Donativos: elsellodequique.ganaralcancer.com
Anualmente diagnostícanse en España uns 1.600 casos de cancro infantil e adolescente, un dato que coñece ben de preto a familia de Quique, un rapaz de 14 anos que ten un sarcoma e que empezou esta mañá a facer o Camiño, canda outras corenta persoas, para recadar cartos para a investigación contra esta enfermidade.
Recadar cen mil euros para a investigación é o obxectivo deste grupo que esta mañá percorría o Camiño entre Sarria e Portomarín. Son amigos e familiares de Quique, un neno ao que lle diagnosticaron sarcoma alveolar.
Para el e os seus o Camiño é un reto persoal e social: conseguir cen mil euros para a investigación contra o cancro infantil.
Unen esforzos coa Fundación Cris Contra el Cáncer, un organismo creado para xuntar fondos para proxectos de investigación contra o cancro en centros públicos.
No grupo vai a tía de Quique, presidenta da Fundación IN, que defende as necesidades únicas que se teñen na adolescencia e na xuventude cando se padece cancro.
Un reto que non ten que ser deportivo, e que pode ser, por exemplo, que os cartos que se recaden nun aniversario ou nunha voda se destinen para esta fundación, porque a investigación beneficia a humanidade.