Publicador de contidos

Publicador de contidos

Así é o desvío da A-6 en Pedrafita para un camión

Así é o desvío da A-6 en Pedrafita para un camión

Os transportistas din que o novo ramal é perigoso pola súa forte pendente e o seu trazado en curva

Teñen que circular moi amodo porque se quedan parados no medio da subida, xa non poden volver arrancar

G24.gal 28/09/2022 14:24

Acompañamos a Diego no inicio da súa ruta a Tarragona. Con 40 toneladas no remolque, nas primeiras subidas o peso xa marca a nosa marcha. "Imos a 45 ou 50 por estas subidas, pero a do desvío é unha auténtica barbaridade", conta este camioneiro.

Explica que o problema está no seu trazado en pendente e en curva: "Non podemos subir por unha subida cun desnivel dun 14 por cento, cun vehículo que agora leva 40 toneladas, iso é unha bomba de reloxería, como teñas que parar no medio da costa e imposible arrancar, xa tiveron que remolcar varios camións".

Que os remolquen sería o menor dos seus problemas. "Se quedas no medio pegas un tirón para atrás e a mercadoría, adeus; parar pode traer grandes avarías nos aparatos que custan un diñeiral", asegura Diego.

Hoxe a estrada está mollada o que esixe máis precaución. "Temos que empezar xa a reducir, nunha marcha curta para poder remontar a subida e comprobar o resto do tráfico por si hai que esperar", refírese a saída do túnel de Pedrafita.

A estrada está libre, pero xa na primeira curva: "Aceléralle forte para arriba, fíxate o que tira, o camión vai a tope, se temos que parar aquí xa non damos arrancado", di Diego.

Hoxe houbo sorte, pero co inverno as portas téñeno claro: "Imos pasar máis pola vila que polo novo desvío".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade