Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os refuxios, os ourizos e as bombas transforman Kíiv en cuestión de días

Os refuxios, os ourizos e as bombas transforman Kíiv en cuestión de días

Percorremos as rúas da capital ucraína xunto a un grupo de xornalistas

O xornalista Marcos Méndez en Kíiv
G24.gal 13/03/2022 22:02

Un dos obxectivos de Moscova é Kíiv. As tropas rusas están cada vez máis próximas. Hoxe quixemos coñecer de preto a realidade que se vive nas rúas da capital co xornalista Marcos Méndez.

Afeito ao son das sirenas antiaéreas, sae do hotel, xunto a un grupo de profesionais, cara a un dos refuxios que hai na cidade. 

"Todo Kíiv esta cheo de pequenos búnkers e de murallas de formigón e sacos de terra. Esta é unha estación de metro. Debaixo, a uns 50 metros de profundidade hai un refuxio antiaéreo, onde os veciños de Kíiv poden refuxiarse nas noites dos bombardeos. A nós non nos deixaron gravar por non ter un permiso especial da compañía que xestiona o transporte subterráneo".

Segundo relata, hai tendas de campaña, xentes en colchóns, no chan... e no fondo de todo, unha pequena pantalla de televisión na que proxectan películas para ter algo de entretemento nas longas noites de bombardeo. 

"Este é un dos primeiros edificios civís atacados polos militares rusos. Converteuse nun símbolo da cidade de Kíiv. Non houbo mortos pero si varios feridos, entre eles un neno dun ano que perdeu unha perna". 

As rúas están sementadas de ourizos, uns artefactos enormes que dificultan o tráfico.

"Un coche que veña por aquí o que ten que facer é todo un zigzag para chegar á outra beira. É dicir, dificulta moitísimo o tránsito en caso de ataque". 

En cuestión de días, os refuxios, os ourizos e as bombas transformaron a paisaxe de Kíiv, dominada agora polo son das sirenas antiaéreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade