Publicador de contidos

Publicador de contidos

Residentes nas marxes do Avia e do Arnoia poñen o ollo nos ríos por posibles enchentes

Residentes nas marxes do Avia e do Arnoia poñen o ollo nos ríos por posibles enchentes

Non hai alertas activas, pero vixían o caudal do Arnoia e do Avia

Segundo a Confederación Hidrográfica, cómpren dous meses máis de chuvia para recuperar os niveis previos á seca

Os encoros están ao 47 %, sete puntos menos da media histórica

O río Avia no lugar da Quinza
G24.gal 24/11/2022 14:49

No concello de Entrimo é onde máis choveu na provincia de Ourense: case 300 litros por metro cadrado no que levamos de mes. O río Pacín, que se cruzaba a pé no verán, baixa con tal intensidade que xa rebordou sobre a área recreativa e a estrada que lle dá servizo. O mesmo que o Arnoia, ao seu paso por Baños de Molgas, onde Protección Civil está vixiante por se fose preciso restrinxir o paso.

O río Avia, en Ribadavia, é outro dos que están pendentes os servizos de emerxencias. Onte á tarde chegou ao nivel de activación no treito de San Cristovo, onde pecharon por precaución o paseo fluvial. Hoxe, o caudal xa baixou algo.

"Agora vai cheo, si. Colocaron unhas cintas para previr". "Vai un pouco cheo pola chuvia, que facía falta porque no verán houbo unha seca moi grande, con restricións de auga no mes de agosto", comentan dúas persoas que pasean pola zona.

Nos dous últimos meses, recolléronse na cunca Miño-Sil 323 litros por metro cadrado, un terzo máis do habitual, pero aínda insuficiente.

"É moi bo sinal, pero hai que esperar que en decembro e xaneiro sigamos con niveis semellantes de precipitación para estarmos en condicións de afirmar que a seca rematou definitivamente", di José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Os encoros tamén recuperaron, están de media ao 47 % , o que supón, aínda 7 puntos menos da media histórica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade