Cargando resultados...
Pelexa multitudinaria entre dous grupos de persoas en pleno centro de Santiago
Un dos participantes na liorta utilizou gas pementa, deixando intoxicadas varias persoas
G24.gal
04/01/2026 13:31
Unha pelexa multitudinaria sorprendeu na tarde deste sábado a veciños e visitantes na rúa do franco en Compostela.
Un enfrontamento no centro histórico de Santiago entre "dous grupos de ideoloxía diferente", segundo informou a Policía Nacional, derivou nunha pelexa na que, a pesar de non haber feridos graves, un dos seus participantes empregou gas pementa.
Varias persoas que pasaban pola zona resultaron intoxicadas.
A Policía mantén aberta unha investigación para esclarecer a identidade dos participantes, aínda que non se presentaron denuncias polo sucedido.