Cargando resultados...
Denuncian unha nova pelexa multitudinaria na praza coruñesa de San Paulo
Unha liorta rexistrada no lugar en febreiro rematou cun mozo de 18 anos acoitelado

G24.gal
20/05/2023 11:35
Última actualización 20/05/2023 11:48
No mes de febreiro o acoitelamento dun mozo de 18 anos mentres xogaba cos amigos ao baloncesto puxo en alerta a veciñanza da praza de San Paulo, na Coruña.
Agora, denuncian unha nova pelexa multitudinaria onte á noite. Aseguran que entre a trintena de participantes estaban as persoas que provocaran a agresión en febreiro.
Tras o incidente de hai tres meses, as forzas de seguridade identificaran dous menores de idade, malia que, segundo as investigacións, había unhas quince persoas de entre 13 e 16 anos.