Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez lánzalle un ultimato ao PP para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial

Pedro Sánchez lánzalle un ultimato ao PP para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial

Tras descartar a dimisión, o presidente do Goberno abre unha cruzada pola rexeneración democrática centrada nos medios de comunicación e na xustiza

O PP chama á mobilización para frear a "deriva populista" do PSOE e o que consideran un cambio de réxime encuberto

G24.gal 30/04/2024 20:14 Última actualización 30/04/2024 20:21

Tras descartar a dimisión, o presidente do Goberno anuncia unha cruzada pola rexeneración democrática que centrará nos medios de comunicación e na xustiza.

Sen medidas concretas polo momento en ningún dos ámbitos. Pero algo máis claras no último. O presidente do Goberno lánzalle un ultimato ao PP para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial.

"Se o PP continúa no secuestro ao Poder Xudicial creo que a democracia, o Parlamento, necesitará buscar mecanismos para saír desta situación", afirma.

Unha idea que recalcou a portavoz do Goberno tras o Consello de Ministros. Pilar Alegría non descarta un cambio nas maiorías para non depender do voto do PP.

"É unha medida que desde logo se pode valorar. Terán que entender que temos que buscar novos mecanismos", asegura.

Desde o Partido Popular avanzan a súa propia cruzada contra o que consideran un cambio de réxime encuberto. E chaman á mobilización.

Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP, di: "De falso perseguido pasou a verdadeiro perseguidor. Xuíces, xornalistas, oposición... Agora vai pola liberdade dos españois para perpetuarse na presidencia". 

Os populares chaman á mobilización cidadá.

O Partido Popular pediu formalmente a comparecencia do presidente do Goberno no Congreso para dar explicacións sobre as acusacións de tráfico de influencias sobre a súa muller. E anuncian que van denunciar o Centro de Investigacións Sociolóxicas por actuar, din, en beneficio dos socialistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade